miércoles, 5 de febrero de 2014
DANZAS DO MUNDO: 2º CICLO. A RASPA.
Ándale manitoooo! Os nenos/as de 2º ciclo mostraron toda a súa enerxía e concentración para realizar esta popular danza mexicana tamén coñecida como Danza Méxicana do Sombreiro. Viva México!
lunes, 3 de febrero de 2014
DANZAS DO MUNDO: SHOSHOLOZA. SUDÁFRICA.
Shosholoza é unha palabra zulú que significa "ir cara a diante" ou "deixar paso ao seguinte", e recorda tamén a onomatopea que produce o tren a vapor (stimela) do que fala a canción. Shosholoza cantábana os traballadores de camiño ás minas. Unha posible tradución:
Segue adiante
segue adiante
sobre aquelas montañas
tren de Sudáfrica
Segue adiante
segue adiante
sobre aquelas montañas
tren de Sudáfrica
Vaste afastando
vaste afastando
sobre aquelas montañas
tren de Sudáfrica
viernes, 31 de enero de 2014
DANZAS DO MUNDO: 1º CICLO. YEMEN.
Nesta ocasión o país elexido foi Yemen e A pequena vendedora de flores foi a danza que os nenos/as de 1º ciclo estiveron practicando estes días, aquí tedes os resultados acadados por estes grandes bailaríns.
jueves, 23 de enero de 2014
DANZAS DO MUNDO: MENOUSIS. GRECIA
Os nenos e nenas de 3º ciclo coñeceron a triste historia de Menousis e a través desta danza descubrimos algúns dos encantos que ten Grecia.
No segundo vídeo podedes coñecer toda a historia de Menousis cantada por Vangelis e Irene Papas.
No segundo vídeo podedes coñecer toda a historia de Menousis cantada por Vangelis e Irene Papas.
martes, 21 de enero de 2014
SEJAN RUTA. LITUANIA.
Os nenos e nenas de 2º ciclo demostraron as súas habilidades como danzantes interpretando de forma xenial a danza lituana Sejan Ruta.Aquí tedes a proba.
DANZA DOS SETE SALTOS. DINAMARCA.
Comezamos o repertorio de danzas do mundo cunha danza de Dinamarca: Os Sete Saltos e despois de moitos ensaios, xiros, risas e de pasalo moi ben xunto cos nosos compañeiros/as aquí podedes ver o resultado final. Ademais podedes coñecer moitas cousas de Dinamarca grazas a información que os nenos/as de 1º ciclo recopilaron.
lunes, 20 de enero de 2014
DANZAS DO MUNDO
Durante o mes de xaneiro teremos a oportunidade de coñecer diferentes países a través das súas danzas, viaxaremos por Dinamarca, Lituania, Grecia... e sempre xunto cos nosos compañeiros/as cos que bailaremos, saltaremos, xiraremos, riremos e sobre todo pasarémolo moi ben.
Como dixo a bailarina e coreógrafa estadounidense Martha Graham "os grandes bailarins non o son pola súa técnica se non pola súa paixón" e no CEIP Sada y sus Contornos demostraremos que somos uns grandes apaixonados da E.F. e da danza. A bailar.....
Como dixo a bailarina e coreógrafa estadounidense Martha Graham "os grandes bailarins non o son pola súa técnica se non pola súa paixón" e no CEIP Sada y sus Contornos demostraremos que somos uns grandes apaixonados da E.F. e da danza. A bailar.....
- Primeiro ciclo: Danza dos Sete Saltos (Dinamarca) e A pequena vendedora de flores (Yemen).
- Segundo Ciclo: Sejan Ruta (Lituania) e A Raspa (México).
- Terceiro Ciclo: Menousis (Grecia) e Alunelul (Rumanía).
Gran parte dos materiais utilizados nas nosas clase proceden do blogue de Begoña Rodríguez http://danzasdelmundo.wordpress.com/, moitas grazas por compartir toda esa marabillosa información.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)