miércoles, 28 de noviembre de 2012

CARTA DE UNICEF AO CEIP SADA Y SUS CONTORNOS

DÍA DO PEÓN.

Nestes días xuntámonos por ciclos para celebrar o Día do Peón, intentando acadar o maior número posible de puntos e superar os conseguidos o curso pasado. Pasámolo moi ben xunto cos nosos compañeiros/as e entre todos e todas cumprimos o noso obxectivo:
  • Curso 2011-2012......... 1.008 puntos.
  • Curso 2012-2013......... 1.038 puntos.
O reto para o seguinte ano será superar esta puntuación, practicade moito e seguro que o conseguimos. Parabéns a todos e todas.
1º ciclo


3º ciclo

2º ciclo

lunes, 26 de noviembre de 2012

PARTIDO SOLIDARIO UNICEF

O pasado sábado celebramos o partido solidario en prol de UNICEF e sen lugar a dúbidas os gañadores/as fomos todos/as os que participaron de algunha maneira, parabéns a todos/as! 
418 euros 
Dentro de pouco coñeceremos todo o que pódese facer con este diñeiro, que é moito.


Saque de honra

Final do partido

sábado, 24 de noviembre de 2012

A GUERRA DE TROIA 3.

Terceira e última parte da aventura sobre a Guerra de Troia. Grazas ao traballo en equipo, a cooperación e o voso esforzo ¡Por fin a conquistamos!
O venres poñemos en común os traballos realizados.

DIPLOMAS PEÓNS DE MEDO.

Aquí tedes aos nenos/as que máis votos conseguiron na exposición de peóns de medo cos seus diplomas.
  1. Alba Souto de 2º
  2. Diego de 1º
  3. Eva de 1º
  4. Adrián e Hugo de 2º, Lúa de 3º e Irene de 1º.

martes, 20 de noviembre de 2012

PARTIDO DE FÚTBOL SOLIDARIO.

O curso pasado os alumnos/ás de 3º ciclo do noso colexio participaron nun programa de UNICEF chamado "O fútbol que queremos", coa finalidade de reflexionar sobre os valores asociados ao fútbol e en especial, que os nenos/ás incorporasen no seu día a día condutas positivas de nutrición, convivencia e solidariedade. Por este motivo recibimos a visita de xogadores do Deportivo da Coruña e propuxémoslles a realización dun partido para recadar fondos encamiñados a paliar a situación de pobreza e desigualdade que moitos nenos/ás sofren no mundo.
Dende o CEIP Sada y sus Contornos comprácenos convocar a toda a comunidade educativa ao partido de fútbol solidario que terá lugar o próximo sábado 24 de novembro, ás 11:00 da mañá no Campo dás Mariñas de Sada, entre os equipos de:

Deportivo de la Coruña de Veteranos (Fran, Manjarín, Songo´o...)
vs
Veteranos Sporting de Sada

O prezo simbólico das entradas será de 1 euro e a recadación do partido será a prol de UNICEF. As entradas pódense adquirir no colexio (traer diñeiro exacto) ou o día do partido. Animamos a todos/ás a participar e mostrar a cara máis solidaria.

domingo, 18 de noviembre de 2012

RESULTADOS DA VOTACIÓN: PEÓNS DE MEDO.

Despois dunha votación moi axustada xa temos peón gañador no noso concurso. Parabéns aos participantes polos marabillosos traballos realizados, todos e todas somos gañadores/as. Primeiro a presentación dos peóns máis votados e logo os resultados totais.


viernes, 9 de noviembre de 2012

A GUERRA DE TROIA 2.

Seguimos intentando conquistar a cidade de Troia pero non é tarefa doada. Aquí tedes información para cubrir o voso diario. Entre todos e todas alcanzaremos o noso obxectivo. Ánimo!

A ODISEA: 3ª PARTE.

Nesta última entrega da Odisea escapamos de Escila e Caribdis, chegamos a Ítaca e recuperamos o trono de Ítaca, aínda temos que rematar a proba. Ánimo Carlos! Aquí tedes parte da historia para cubrir o voso caderno de Bitácora.

VOTACIÓN: PEÓNS DE MEDO.

Para celebrar o Samain e o Día do Peón os nenos/as do noso colexio crearon con moita imaxinación e esforzo uns peóns terroríficos. Aquí tedes as fotos e o cuestionario para escoller o voso favorito. Recordade que tedes que escoller tres peóns distintos.