miércoles, 31 de octubre de 2012

XOGOS NO MAGOSTO

Hoxe celebramos no noso colexio o Magosto e todos e todas compartimos unha xornada de convivencia moi agradable e divertida. Realizamos os tradicionais xogos de Dona Castaña, para conseguir selar o noso pasaporte, que foron supervisados polos compañeiros/as de 6º.   

viernes, 26 de octubre de 2012

A ODISEA 2.

Hoxe os nenos/as de 5º continuaron con su intento de regresar a Ítaca. Nesta ocasión tiveron que combater contra os feitizos da bruxa Circe e escapar dos cantos das sirenas. Aquí tedes algo de información para completar o voso Caderno de Bitácora. 

miércoles, 24 de octubre de 2012

A ODISEA E A GUERRA DE TROIA.

Aquí tedes a primeira parte das aventuras que comezamos hoxe nas nosas clases de E.F. No voso correo de gmail (os de 6º lembrar envíar a mensaxe) tedes que cubrir o "Caderno de bitácora" e o "Diario dunha aventura" respectivamente para poder continuar a aventura o próximo día. Ánimo!


A Guerra de Troia

martes, 23 de octubre de 2012

sábado, 20 de octubre de 2012

RESULTADO FINAL DA VOTACIÓN.

Rematou o tempo para escoller o nome da caixa do correo do noso blogue e o resultado foi o seguinte:


Open publication - Free publishing - More blogue

O nome da nosa caixa do correo será 
"Bla, bla, bla, podemos opinar" 
que propuso a nosa compañeira de 6º Iria. Ela será a encargada de escoller a imaxe que acompañará ao nome. Grazas a todos/as pola vosa participación. 

jueves, 18 de octubre de 2012

martes, 16 de octubre de 2012

Club Atletismo Sada: Éxito de participación y organización en la II Ca...

Club Atletismo Sada: Éxito de participación y organización en la II Ca...: Más de mil quinientos atletas se dieron cita en el paseo marítimo de Sada para participar en alguna de las pruebas que se realizaron a lo...

3.900 euros 
Felicidades a todas e todos os participantes, en especial aos do noso colexio, por aportar a súa gota de auga. 
Aquí podedes ver todas as fotos da carreira.

ÚLTIMA SEMANA DE VOTACIÓN.

O venres  termina o plazo para escoller o nome da caixa do correo que utilizaremos no blogue. A votación está moi igualada e todo pode ocorrer. O teu voto pode decidir o resultado, participa!

lunes, 15 de octubre de 2012

LA GOTA DE CUCHO

Os nenos e nenas de 2º recitan un poema de Carmen Gil titulado " La gota de Cucho" no que comprendemos un pouco mellor a importancia da auga. 

sábado, 13 de octubre de 2012

GOTAS PARA NÍXER II. VÍDEOS.

Aquí tedes un vídeo sobre dous dos xogos que fixemos nas nosas clases: "Gotas para Níxer" e "Cada gota é un tesouro". 

martes, 9 de octubre de 2012

PROTEXAMOS A AUGA

Participa nunha aventura de estratexia e supervivencia sobre a auga, o medio e o saneamento.

GOTAS PARA NÍXER

Esta é a sesión "Gotas para Níxer" que realizamos estes días nas nosas clases de Educación Física. Todos e todas tedes un 10 en solidariedade e cooperación.


GOTAS PARA NÍXER. 3º CICLO.

Para que todos/ás coñecésemos un pouco máis da situación de Níxer e animásemonos a participar na II Carreira da Auga que terá lugar este domingo, nas clases de E.F. realizamos uns xogos e actividades sobre a importancia da auga e a necesidade de participar na resolución dun problema tan grave. Aquí tedes algunhas fotos. Parabens polo esforzo e o entusiamo que mostrastes.

GOTAS PARA NÍXER. 2º CICLO.

Para que todos/ás coñecésemos un pouco máis da situación de Níxer e animásemonos a participar na II Carreira da Auga que terá lugar este domingo, nas clases de E.F. realizamos uns xogos e actividades sobre a importancia da auga e a necesidade de participar na resolución dun problema tan grave. Aquí tedes algunhas fotos. Parabens polo esforzo e o entusiamo que mostrastes.

GOTAS PARA NÍXER. 1º CICLO.

Para que todos/ás coñecésemos un pouco máis da situación de Níxer e animásemonos a participar na II Carreira da Auga que terá lugar este domingo, nas clases de E.F. realizamos uns xogos e actividades sobre a importancia da auga e a necesidade de participar na resolución dun problema tan grave. Aquí tedes algunhas fotos. Parabens polo esforzo e o entusiamo que mostrastes. 

lunes, 8 de octubre de 2012

ISO É A CLAVE DE TODO. ENCONTRA A TÚA PAIXÓN.

Pep Guardiola participo en México nun ciclo de conferencias, ao que asistiron 10.00 universitarios, titulado "México Século XXI: capturando o futuro", con políticos de prestixio como o exprimer ministro británicoTony Blair e o expresidente de Brasil Lula dá Silva.
"Se que aquí hai unha xeración fantástica de estudantes... Se me aceptades un pequeniño, pequeno consello, aos máis novos..."


jueves, 4 de octubre de 2012

SOLIDARIEDADE: II CARREIRA DA AUGA. SADA 2012. GOTAS PARA NÍXER.

Nas nosas clases estamos falando moito de valores, un deles é a solidariedade. Moito mellor que falar dela é practicala e todos e todas temos a oportunidade de facelo participando na II Carreira da Auga que terá lugar no Paseo Marítimo da na nosa localidade o vindeiro domingo 14 de outubro a partir das 10:00. Inscricións ata o 10 de outubro en:





lunes, 1 de octubre de 2012

QUE SON OS VALORES?

Nestes días estamos falando moito dos valores e facendo xogos e actividades sobre eles. Para reforzar o traballo que fixemos no ximnasio e demostrar que os valores non teñen secretos para vós, os nenos e nenas de 4º tedes que completar este cuestionario (antes do próximo martes 9 de outubro).