miércoles, 19 de diciembre de 2012

PRESENTACIÓNS SOBRE OS XOGOS POPULARES 5º

Aquí tedes os traballos sobre os xogos populares realizados polos nenos e nenas de 5º e 6º. 

Alba     Alberto     Álison     Iria     Iván

J. Ángel    Lucas    Manolo    María   Noelia

Paula    Selene    Uxía    Victoria    Xabier




Adrián   Adriana   Candela   Carlos   Diego  

 Diogo   Hugo  Laura  Manu   Mar   Nerea

martes, 18 de diciembre de 2012

sábado, 15 de diciembre de 2012

XOGOS POPULARES 1º CICLO.

Remata o trimestre e tamén a unidade sobre xogos populares. Moita alegría e diversión mentres xogábamos ás chapas, o peón, a petanca...

jueves, 13 de diciembre de 2012

CERÁMICAS O CASTRO.

Os nenos/as de 2º ciclo realizaron hoxe unha visita á  Escola de Cerámica de Sargadelos en O Castro.

miércoles, 12 de diciembre de 2012

domingo, 2 de diciembre de 2012

A GUERRA DE TROIA.

Atravesamos os mares, raptamos sacerdotisas, combatemos contra feroces guerreiros, roubamos estatuas de deusas e por fin conquistamos a cidade de Troia. Aquí tedes algunhas fotos da nosa aventura e os vosos traballos.

Troia 1


Troia 2


Troia 3

Alba    Alberto    Álison    Iria    Iván
    
J.Ángel    Lucas    Manolo  María    Noelia    

Paula    Selene    Uxía    Victoria    Xabier

A ODISEA.

Por fin conseguimos chegar a Ítaca e recuperar o noso trono. Aquí tedes as fotos das distintas probas superadas e os traballos realizados polos nenos/as de 5º.
A Odisea 1


A Odisea 2


A Odisea 3


Adrián   Adriana   Candela   Carlos   Diego   

Hugo   Laura   Manu   Mar   Nerea   Diogo 

miércoles, 28 de noviembre de 2012

CARTA DE UNICEF AO CEIP SADA Y SUS CONTORNOS

DÍA DO PEÓN.

Nestes días xuntámonos por ciclos para celebrar o Día do Peón, intentando acadar o maior número posible de puntos e superar os conseguidos o curso pasado. Pasámolo moi ben xunto cos nosos compañeiros/as e entre todos e todas cumprimos o noso obxectivo:
  • Curso 2011-2012......... 1.008 puntos.
  • Curso 2012-2013......... 1.038 puntos.
O reto para o seguinte ano será superar esta puntuación, practicade moito e seguro que o conseguimos. Parabéns a todos e todas.
1º ciclo


3º ciclo

2º ciclo

lunes, 26 de noviembre de 2012

PARTIDO SOLIDARIO UNICEF

O pasado sábado celebramos o partido solidario en prol de UNICEF e sen lugar a dúbidas os gañadores/as fomos todos/as os que participaron de algunha maneira, parabéns a todos/as! 
418 euros 
Dentro de pouco coñeceremos todo o que pódese facer con este diñeiro, que é moito.


Saque de honra

Final do partido

sábado, 24 de noviembre de 2012

A GUERRA DE TROIA 3.

Terceira e última parte da aventura sobre a Guerra de Troia. Grazas ao traballo en equipo, a cooperación e o voso esforzo ¡Por fin a conquistamos!
O venres poñemos en común os traballos realizados.

DIPLOMAS PEÓNS DE MEDO.

Aquí tedes aos nenos/as que máis votos conseguiron na exposición de peóns de medo cos seus diplomas.
  1. Alba Souto de 2º
  2. Diego de 1º
  3. Eva de 1º
  4. Adrián e Hugo de 2º, Lúa de 3º e Irene de 1º.

martes, 20 de noviembre de 2012

PARTIDO DE FÚTBOL SOLIDARIO.

O curso pasado os alumnos/ás de 3º ciclo do noso colexio participaron nun programa de UNICEF chamado "O fútbol que queremos", coa finalidade de reflexionar sobre os valores asociados ao fútbol e en especial, que os nenos/ás incorporasen no seu día a día condutas positivas de nutrición, convivencia e solidariedade. Por este motivo recibimos a visita de xogadores do Deportivo da Coruña e propuxémoslles a realización dun partido para recadar fondos encamiñados a paliar a situación de pobreza e desigualdade que moitos nenos/ás sofren no mundo.
Dende o CEIP Sada y sus Contornos comprácenos convocar a toda a comunidade educativa ao partido de fútbol solidario que terá lugar o próximo sábado 24 de novembro, ás 11:00 da mañá no Campo dás Mariñas de Sada, entre os equipos de:

Deportivo de la Coruña de Veteranos (Fran, Manjarín, Songo´o...)
vs
Veteranos Sporting de Sada

O prezo simbólico das entradas será de 1 euro e a recadación do partido será a prol de UNICEF. As entradas pódense adquirir no colexio (traer diñeiro exacto) ou o día do partido. Animamos a todos/ás a participar e mostrar a cara máis solidaria.

domingo, 18 de noviembre de 2012

RESULTADOS DA VOTACIÓN: PEÓNS DE MEDO.

Despois dunha votación moi axustada xa temos peón gañador no noso concurso. Parabéns aos participantes polos marabillosos traballos realizados, todos e todas somos gañadores/as. Primeiro a presentación dos peóns máis votados e logo os resultados totais.


viernes, 9 de noviembre de 2012

A GUERRA DE TROIA 2.

Seguimos intentando conquistar a cidade de Troia pero non é tarefa doada. Aquí tedes información para cubrir o voso diario. Entre todos e todas alcanzaremos o noso obxectivo. Ánimo!

A ODISEA: 3ª PARTE.

Nesta última entrega da Odisea escapamos de Escila e Caribdis, chegamos a Ítaca e recuperamos o trono de Ítaca, aínda temos que rematar a proba. Ánimo Carlos! Aquí tedes parte da historia para cubrir o voso caderno de Bitácora.

VOTACIÓN: PEÓNS DE MEDO.

Para celebrar o Samain e o Día do Peón os nenos/as do noso colexio crearon con moita imaxinación e esforzo uns peóns terroríficos. Aquí tedes as fotos e o cuestionario para escoller o voso favorito. Recordade que tedes que escoller tres peóns distintos.


miércoles, 31 de octubre de 2012

XOGOS NO MAGOSTO

Hoxe celebramos no noso colexio o Magosto e todos e todas compartimos unha xornada de convivencia moi agradable e divertida. Realizamos os tradicionais xogos de Dona Castaña, para conseguir selar o noso pasaporte, que foron supervisados polos compañeiros/as de 6º.   

viernes, 26 de octubre de 2012

A ODISEA 2.

Hoxe os nenos/as de 5º continuaron con su intento de regresar a Ítaca. Nesta ocasión tiveron que combater contra os feitizos da bruxa Circe e escapar dos cantos das sirenas. Aquí tedes algo de información para completar o voso Caderno de Bitácora. 

miércoles, 24 de octubre de 2012

A ODISEA E A GUERRA DE TROIA.

Aquí tedes a primeira parte das aventuras que comezamos hoxe nas nosas clases de E.F. No voso correo de gmail (os de 6º lembrar envíar a mensaxe) tedes que cubrir o "Caderno de bitácora" e o "Diario dunha aventura" respectivamente para poder continuar a aventura o próximo día. Ánimo!


A Guerra de Troia

martes, 23 de octubre de 2012

sábado, 20 de octubre de 2012

RESULTADO FINAL DA VOTACIÓN.

Rematou o tempo para escoller o nome da caixa do correo do noso blogue e o resultado foi o seguinte:


Open publication - Free publishing - More blogue

O nome da nosa caixa do correo será 
"Bla, bla, bla, podemos opinar" 
que propuso a nosa compañeira de 6º Iria. Ela será a encargada de escoller a imaxe que acompañará ao nome. Grazas a todos/as pola vosa participación. 

jueves, 18 de octubre de 2012

martes, 16 de octubre de 2012

Club Atletismo Sada: Éxito de participación y organización en la II Ca...

Club Atletismo Sada: Éxito de participación y organización en la II Ca...: Más de mil quinientos atletas se dieron cita en el paseo marítimo de Sada para participar en alguna de las pruebas que se realizaron a lo...

3.900 euros 
Felicidades a todas e todos os participantes, en especial aos do noso colexio, por aportar a súa gota de auga. 
Aquí podedes ver todas as fotos da carreira.

ÚLTIMA SEMANA DE VOTACIÓN.

O venres  termina o plazo para escoller o nome da caixa do correo que utilizaremos no blogue. A votación está moi igualada e todo pode ocorrer. O teu voto pode decidir o resultado, participa!

lunes, 15 de octubre de 2012

LA GOTA DE CUCHO

Os nenos e nenas de 2º recitan un poema de Carmen Gil titulado " La gota de Cucho" no que comprendemos un pouco mellor a importancia da auga. 

sábado, 13 de octubre de 2012

GOTAS PARA NÍXER II. VÍDEOS.

Aquí tedes un vídeo sobre dous dos xogos que fixemos nas nosas clases: "Gotas para Níxer" e "Cada gota é un tesouro". 

martes, 9 de octubre de 2012

PROTEXAMOS A AUGA

Participa nunha aventura de estratexia e supervivencia sobre a auga, o medio e o saneamento.

GOTAS PARA NÍXER

Esta é a sesión "Gotas para Níxer" que realizamos estes días nas nosas clases de Educación Física. Todos e todas tedes un 10 en solidariedade e cooperación.


GOTAS PARA NÍXER. 3º CICLO.

Para que todos/ás coñecésemos un pouco máis da situación de Níxer e animásemonos a participar na II Carreira da Auga que terá lugar este domingo, nas clases de E.F. realizamos uns xogos e actividades sobre a importancia da auga e a necesidade de participar na resolución dun problema tan grave. Aquí tedes algunhas fotos. Parabens polo esforzo e o entusiamo que mostrastes.

GOTAS PARA NÍXER. 2º CICLO.

Para que todos/ás coñecésemos un pouco máis da situación de Níxer e animásemonos a participar na II Carreira da Auga que terá lugar este domingo, nas clases de E.F. realizamos uns xogos e actividades sobre a importancia da auga e a necesidade de participar na resolución dun problema tan grave. Aquí tedes algunhas fotos. Parabens polo esforzo e o entusiamo que mostrastes.

GOTAS PARA NÍXER. 1º CICLO.

Para que todos/ás coñecésemos un pouco máis da situación de Níxer e animásemonos a participar na II Carreira da Auga que terá lugar este domingo, nas clases de E.F. realizamos uns xogos e actividades sobre a importancia da auga e a necesidade de participar na resolución dun problema tan grave. Aquí tedes algunhas fotos. Parabens polo esforzo e o entusiamo que mostrastes. 

lunes, 8 de octubre de 2012

ISO É A CLAVE DE TODO. ENCONTRA A TÚA PAIXÓN.

Pep Guardiola participo en México nun ciclo de conferencias, ao que asistiron 10.00 universitarios, titulado "México Século XXI: capturando o futuro", con políticos de prestixio como o exprimer ministro británicoTony Blair e o expresidente de Brasil Lula dá Silva.
"Se que aquí hai unha xeración fantástica de estudantes... Se me aceptades un pequeniño, pequeno consello, aos máis novos..."


jueves, 4 de octubre de 2012

SOLIDARIEDADE: II CARREIRA DA AUGA. SADA 2012. GOTAS PARA NÍXER.

Nas nosas clases estamos falando moito de valores, un deles é a solidariedade. Moito mellor que falar dela é practicala e todos e todas temos a oportunidade de facelo participando na II Carreira da Auga que terá lugar no Paseo Marítimo da na nosa localidade o vindeiro domingo 14 de outubro a partir das 10:00. Inscricións ata o 10 de outubro en:





lunes, 1 de octubre de 2012

QUE SON OS VALORES?

Nestes días estamos falando moito dos valores e facendo xogos e actividades sobre eles. Para reforzar o traballo que fixemos no ximnasio e demostrar que os valores non teñen secretos para vós, os nenos e nenas de 4º tedes que completar este cuestionario (antes do próximo martes 9 de outubro). 

sábado, 29 de septiembre de 2012

OS VALORES NAS NOSAS CLASES DE E.F.

Dende que empezou o curso estamos falando de traballo en equipo, cooperación, respecto, responsabilidade... en definitiva, dos valores que forman a base das nosas clases de Educación Física. Aquí tedes un enlace con xogos para divertirse e continuar aprendendo. 



lunes, 24 de septiembre de 2012

SADA DEPORTES

Primeira edición do Sada Deportes, no que recolleremos a participación dos nosos compañeiros/as nas distintas actividades e competicións. Ánimo, facede deporte!

miércoles, 19 de septiembre de 2012

VÍDEO SOBRE VALORES: Entre todos e entre todas.

Neste vídeo encontramos moitas das ideas sobre as que falamos neste principio de curso: convivencia, respecto, tolerancia...


lunes, 10 de septiembre de 2012

O NOVO BLOGUE DE EDUCACIÓN FÍSICA.

Benvidos a este espazo onde compartiremos todas as experiencias relacionadas coa área de Educación Física. 
Nas clases de educación Física aprenderemos moitas cousas pero sobre todo a convivir, respectar e relacionarnos cos nosos compañeiros/as e co entorno que rodéanos en pe de igualdade. Recordade  que entre todos e todas construimos a nosa clase, a nosa escola, a nosa vila e o noso mundo, polo que é a nosa responsabilidade facelo o mellor posible. Moito ánimo!
O obxectivo é que sexa o voso blogue, polo que vós seredes os principais protagonistas do mesmo, animarvos a participar o máximo posible. Abróchense os cintos que despegamos en 3,2,1,0...