sábado, 21 de diciembre de 2013

CONCURSO DE TALENTOS

Os nenos/as de 6º curso organizaron un concurso para despedir este ano e no que quedou claro o gran talento que hai no CEIP Sada y sus Contornos. Felices festas para todos e todas.

jueves, 19 de diciembre de 2013

HIXIENE POSTURAL 3º CICLO.

Nas últimas sesións da unidade puxemos en práctica todo o aprendido. Aquí tedes unhas fotos das actividades que fixemos.

5º E.P.


6º E.P.

RECICLAXOGO 2º CICLO. XOGAMOS CO NOSO MATERIAL.

Chegou o momento de utilizar o material construído e o resultado foi xenial. 
3º E.P.


4º E.P.

RECICLAXOGO: O FINAL DAS LATAS...

Despois de xogar de moitas maneiras coas nosas latas chegou o momento final...
1º E.P.


2º E.P.

miércoles, 18 de diciembre de 2013

HIXIENE POSTURAL: REPRESENTACIÓNS.

Despois de aprender moitas cousas con Jorge sobre o coidado da espalda realizamos unhas pequenas representacións sobre as cousas que non debemos facer.

lunes, 16 de diciembre de 2013

XORNADA DE ATLETISMO BENÉFICA A FAVOR DE CÁRITAS

O pasado domingo 15 de Decembro o Clube Atletismo Sada organizou unha xornada de atletismo con carácter benéfico a favor de Cáritas no que participaron nenos/as de diferentes localidades.
O CEIP Sada y sus Contornos sumouse a esta iniciativa e os nosos nenos/as realizaron gran variedade de probas atléticas: salto de altura, carreira de velocidade, lanzamento de balón... para a través do deporte mostrar a súa cara máis solidaria.


sábado, 14 de diciembre de 2013

XOGOS CON LATAS

Saltos, equilibrios, desprazamentos, construcións... son moitas das actividades que realizamos coas nosas latas e comprobamos como con moi pouco podemos pasalo moi ben.

1º de E.P.

2º de E.P.

martes, 10 de diciembre de 2013

RECICLAXOGO 2º CICLO

Continuando coa actividade de Reciclaxogo os nenos e nenas de 2º ciclo construiron distinto material para utilizar nas nosas clases de E.F. En 3º curso elaboraron uns recollebolas xeniales e en 4º construíron unhas raquetas de última xeración. Aquí tedes os froitos do seu esforzo.

Recollebolas 3º

Palas 4º

lunes, 9 de diciembre de 2013

RECICLAXOGO. LATAS DECORADAS 1º CICLO

Outra vez as expectativas foron superadas, os nenos/as de 1º ciclo realizaron uns traballos espectaculares e as latas decoradas causaron sensación no noso colexio polo que decidimos deixalas expostas para poder gozar con elas. Nas próximas clases de E.F. as utilizaremos nos nosos xogos. Parabéns a todos e todas.


Latas 1º

Latas 2º

jueves, 5 de diciembre de 2013

AS NOSAS POSTURAS

Aquí tedes un vídeo no que veremos moitas situacións cotiás e co que melloraremos os nosos hábitos posturais. Despois picade na imaxe correspondente ao voso curso para realizar un cuestionario. Moita atención e ánimo!




miércoles, 4 de diciembre de 2013

HIXIENE POSTURAL

Nesta nova unidade aprenderemos moitas cousas relacionadas co coidado do noso corpo e sobre todo da espalda. O primeiro día fixemos unha avaliación inicial para coñecer cales eran os nosos hábitos. Aquí tedes as presentacións de cada curso e unha ficha que vos será de grande axuda na vida cotiá. Ao final da entrada están as fotos de estas primeiras sesións.




Fotos 5º

Fotos 6º

martes, 3 de diciembre de 2013

RECICLAXOGO

Dende a área de E.F. poñemos en marcha a actividade ReciclaXogo para espertar no alumnado o espírito crítico ante o feito de consumir (que se acentúa nas datas que se aproximan). Se conseguimos que os nenos/ás gocen e aprendan a partir dos obxectos que eles mesmos crearon con material de refugallo, quizais comprendan que a diversión non ten que estar relacionada co diñeiro gastado.
Por todo iso pedimos a vosa colaboración para a elaboración destes materiais que posteriormente utilizaremos nas nosas clases de E.F. Neste apartado do blogue recolleremos todos os documentos, vídeos, fotos e actividades relacionados con esta unidade.


  1. Latas
  2. Recollebolas
     3.  Paladós

lunes, 2 de diciembre de 2013

XOGOS POPULARES

Xa rematamos a unidade dos xogos populares e aquí tedes un recordo dalgúns dos xogos que fixemos.





jueves, 28 de noviembre de 2013

DIPLOMAS DÍA DO PEÓN

Despois de participar e gozar coas distintas actividades relacionadas co Día do Peón realizamos unha entrega de diplomas, aquí tedes as fotos.





miércoles, 20 de noviembre de 2013

DÍA DO PEÓN 2013

Para celebrar o Día do Peón xuntámonos estes días por ciclos intentando acadar o maior número posible de puntos entre todos e entre todas para superar a puntuación do ano pasado e... O conseguimos! Aquí tedes as puntuacións logradas por cada ciclo e as fotos que inmortalizarán a nosa hazaña. Bravo!
 1º ciclo: 257 puntos.
 2º ciclo: 333 puntos.
 3º ciclo: 1167 puntos.

Puntuación total: 1757 puntos.
1º ciclo

2º ciclo

3º ciclo

lunes, 18 de noviembre de 2013

O PEÓN: UN XOGO DE SEMPRE.

Nestes días estamos a voltas coa peonza  e practicando para ser uns expertos/as no seu dominio. Aquí tedes unha pequena presentación con información relativa a este xogo e coa que aprenderedes moitas cousas. Ánimo!



Manifesto Día do Peón 2013

miércoles, 13 de noviembre de 2013

EXPOSICIÓN CARTEIS DÍA DO PEÓN

Incribles, marabillosos, espectaculares, xeniais... remátanse os adxectivos para definir os carteis realizastes para celebrar o Día do Peón. Felicidades a todos e todas polo esforzo, a dedicación e o entusiasmo que lle poñedes a todo. Continuar así!


domingo, 10 de noviembre de 2013

XOGOS POPULARES. 6º CURSO

Os nenos/as de 6º realizaron uns traballos moi interesantes sobre uns xogos populares que empezamos a practicar durante este curso.
As lombas

As tabas


A goma


Fútbol chapas

lunes, 28 de octubre de 2013

XOGOS POPULARES NOS RECREOS

Gran éxito do préstamo de xogos populares nos recreos. Os nenos/as de 5º curso están a facer unha gran labor ante o moito traballo que están a ter. A seguir xogando...

lunes, 21 de octubre de 2013

XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS

A próximas clases de E.F. estarán dedicadas aos xogos populares e tradicionais galegos. Xogaremos ao peón, as chapas, os zancos, os bolos... e moitos máis. 
Estes xogos forman parte do noso patrimonio cultural e todos e todas temos a responsabilidade de garantir a súa continuidade no tempo. para ás futuras xeracións. 
Aquí tedes un índice de xogos obtido de Brinquedia, Rede Galega de Xogo Tradicional.

viernes, 18 de octubre de 2013

XOGOS POPULARES NOS RECREOS

Durante os recreos funcionará o préstamo de xogos populares, para que funcione correctamente é necesario que todos e todas colaboremos. Nesta presentación tedes as normas e a organización. A xogar...


lunes, 7 de octubre de 2013

III CARREIRA DA AUGA EN SADA

O domingo 13 de outubro a partir das 10:00 horas celebrarase no paseo marítimo de Sada a 3ª edición da Carreira da Auga de Sada a beneficio de UNICEF para a campaña "Gotas para Níxer", na que todo o recaudado será destinado íntegramente a axudar a paliar a situación na que se encontra este país. A carreira está organizada polo Club de Atletismo de Sada, o Concello de Sada e a Federación Galega de Atletismo.
Haberá diferentes categorías, dende os máis pequenos que correrán 100 metros, ata a carreira absoluta de 10 quilómetros, ademais dunha andaina que percorrerá unha distancia de 2,8 quilómetros.

O prezo é de 2 euros para as categorías infantís e de 3 euros para os adultos e a andaina. O prazo de inscrición está aberta ata o 9 de outubro en www.championchipnorte.com, na Oficina Municipal da Xuventude de Sada e na tenda Decathlon Oleiros. Máis información en clubatletismosada@gmail.com

Se picades na fotos poderedes acceder a toda a información.



miércoles, 25 de septiembre de 2013

JUDO 3º CICLO.

Reí, matte, tatami, hajime... son palabras que grazas a Alejandro coñecimos na sesión de iniciación ao judo da que gozamos hoxe e coa que tan ben o pasamos.
                  Judo 5º
    Judo 6º

lunes, 23 de septiembre de 2013

JUDO: 2º CICLO

Grazas ao mestre de Judo Alejandro coñecimos moitas cousas do Judo: a maneira de saudar, que hajime se utiliza para comezar, matte para parar, algunhas técnicas e presas... e sobre todo a pasalo moi ben xunto cos nosos compañeiros/as.

                Judo 3º
Judo 4º

JUDO: 1º CICLO.

Hoxe os nenos e nenas de 1º ciclo coñeceron un pouco máis o Judo, realizaron moitos xogos e gozaron dunha sesión de E.F. moi especial xunto co mestre de Judo Alejandro.
                  Judo 1º
Judo 2º

viernes, 20 de septiembre de 2013

JUDO

O luns e mércores da vindeira semana realizaremos no noso colexio una actividade de iniciación e familiarización ao Judo. Estará impartida por un entrenador da Federación Galega de Judo e grazas a ela coñeceremos un pouco máis desta disciplina deportiva. Picade nas imaxes para acceder a distintos enlaces relacionados co Judo.



       Que é o Judo?                              Orixen do Judo
   




   Vestimenta do Judo                 Técnicas de Judo
    

Historia do Judo



miércoles, 11 de septiembre de 2013

NORMAS PARA AS CLASES DE E.F.

Para poder disfrutar o máximo posible  das nosas clases de E.F. é necesario que todos/as respectemos, valoremos e comprendamos da importancia dunhas normas comúns.
Aquí tedes unha presentación realizada polos nenos/as de 6º falando das nosas normas.


martes, 10 de septiembre de 2013

EMPEZA A FUNCIÓN... CURSO 2013-2014

Benvidos de novo ao marabilloso mundo do CEIP Sada y sus Contornos. Esperamos que entre todos e entre todas gocemos dun curso moi divertido e no que continuaremos aprendendo moitas cousas: respecto, solidariedade, a traballar en equipo, a esforzarnos ao máximo, etc... Facede click na imaxe e poderedes ver como todos/as podemos dar o primeiro paso para mellorar a nosa realidade e que todos/as somos importantes. Apaguen os móbiles e poñan moita atención porque a función vai comezar...


Ti empurras o miras?

lunes, 24 de junio de 2013

GRADUACIÓN 6º: ACROSPORT

Os nenos/as  de 6º no día da súa graduación realizaron unha coreografía  de Acrosport. Parabéns polo esforzo, o entusiasmo e o resultado obtido. Ata sempre!



miércoles, 19 de junio de 2013

ACROSPORT 5º

Despois de moitas sesións de ensaios e de traballar moito en equipo por fin chegou o momento de presentar as nosas coreografías, parabéns a todos/as polo esforzo e o resultado obtido.
FEEL THIS MOMENT


THE FINAL COUNTDOWN

viernes, 7 de junio de 2013

DÍA DO DEPORTE EN SADA

O vindeiro sábado 15 de xuño celebraremos o Día do deporte en Sada no que poderemos practicar gran cantidade de deportes e gozar con moitas actividades físicas. Ademais este ano o club dos leóns realiza o día da solidariedade en Sada, onde aos niñ@s de Sada se lles pide que traian galletas, leite e cereais para outros niñ@s necesitados, a cambio poderán participar no día do deporte e nos inchables...


miércoles, 22 de mayo de 2013

ENTREGA DE TROFEOS E PREMIOS DE BRILÉ 3º CICLO.

Despois dunha emocionante e intensa tempada por fin chegou o momento da entrega de premios individuais e trofeos para os equipos. Parabéns a todos/as os participantes.




martes, 21 de mayo de 2013

ENTREGA DE PREMIOS E TROFEOS DE BRILÉ 2º CICLO

Para rematar a tempada de Brilé a entrega de premios individuais e trofeos colectivos. Os elexidos por vós nas distintas categorías mostraron orgullosos os seus diplomas. Parabéns a todos/as os pola vosa dedicación e esforzo. Bravo!


jueves, 16 de mayo de 2013

CLASIFICACIÓN FINAL BRILÉ

Aquí tedes a clasificación final da tempada de Brilé, Os Naturix de 5º e os Mouchos de Sada de 4º foron os campións en 3º e 2º ciclo respectivamente. Como falamos ao principio da competición o resultado final non dependería só de gañar ou perder os partidos senón que sobre todo importaría o noso traballo en equipo e o noso comportamento deportivo. Revisade as puntuacións e comprobaredes como a nosa equipación, as bandeirolas, o xogo en equipo, a entrega dos trofeos, etc foron moi importantes nas nosas puntuacións finais. Parabéns a todos e todas polo esforzo, o entusiasmo e a ilusión mostrada durante esta nova experiencia. 
A próxima semana realizaremos a entrega de trofeos e premios individuais.
CLASIFICACIÓN FINAL BRILÉ 2º CICLO

CLASIFICACIÓN FINAL BRILÉ 3º CICLO


miércoles, 15 de mayo de 2013

TROFEOS BRILÉ 2º E 3º CICLO.

Todos os equipos participantes entregaron un trofeo para a competición de Brilé polo que todos sumarán 10 puntos máis na súa clasificación. 






 
 


martes, 14 de mayo de 2013

AVALIACIÓN BRILÉ 3º CICLO

Ademais de demostrar os nosos progresos durante os partidos e entrenamentos agora contestaremos a unhas cuestións relacionadas con diferentes situacións de xogo.  Picade na imaxe co número do voso curso e contestade ao cuestionario.

                 

lunes, 13 de mayo de 2013

AUTOAVALIACIÓN BRILÉ 2º CICLO

Despois de rematar todos os partidos do campionato de Brile e demostrar a nosa melloría na comprensión e práctica do xogo, realizaremos un pequeno cuestionario relacionado con situacións de xogo.  Picade na imaxe co número do voso curso e contestade ás cuestións.


                               

O vindeiro xoves realizaremos a entrega de trofeos e premios para todos os equipos e participantes.