Reí, matte, tatami, hajime... son palabras que grazas a Alejandro coñecimos na sesión de iniciación ao judo da que gozamos hoxe e coa que tan ben o pasamos. Judo 5º
Grazas ao mestre de Judo Alejandro coñecimos moitas cousas do Judo: a maneira de saudar, que hajime se utiliza para comezar, matte para parar, algunhas técnicas e presas... e sobre todo a pasalo moi ben xunto cos nosos compañeiros/as. Judo 3º
Hoxe os nenos e nenas de 1º ciclo coñeceron un pouco máis o Judo, realizaron moitos xogos e gozaron dunha sesión de E.F. moi especial xunto co mestre de Judo Alejandro.
O luns e mércores da vindeira semana realizaremos no noso colexio una actividade de iniciación e familiarización ao Judo. Estará impartida por un entrenador da Federación Galega de Judo e grazas a ela coñeceremos un pouco máis desta disciplina deportiva. Picade nas imaxes para acceder a distintos enlaces relacionados co Judo.
Para poder disfrutar o máximo posible das nosas clases de E.F. é necesario que todos/as respectemos, valoremos e comprendamos da importancia dunhas normas comúns. Aquí tedes unha presentación realizada polos nenos/as de 6º falando das nosas normas.
Benvidos de novo ao marabilloso mundo do CEIP Sada y sus Contornos. Esperamos que entre todos e entre todas gocemos dun curso moi divertido e no que continuaremos aprendendo moitas cousas: respecto, solidariedade, a traballar en equipo, a esforzarnos ao máximo, etc... Facede click na imaxe e poderedes ver como todos/as podemos dar o primeiro paso para mellorar a nosa realidade e que todos/as somos importantes. Apaguen os móbiles e poñan moita atención porque a función vai comezar...