sábado, 23 de marzo de 2013

ACROSPORT III. 2º CICLO.

Estas son as coreografías finais dos nenos e nenas de 3º e 4º. Parabéns polo resultado e sobre todo polo voso esforzo e o voso entusiasmo.

lunes, 18 de marzo de 2013

XOGOS POLA IGUALDADE

O pasado 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller, aquí tedes distintos xogos para seguir mellorando en igualdade.









LATERALIDADE 1º CICLO.

Seguro que cando buscas algo e non sabes onde está escoitas moitas veces: "Está á esquerda ou está á dereita". Durante as próxima clases traballaremos para orientarnos correctamente e coñecer un pouco mellor a nosa lateralidade, e dicir, o lado do corpo co que facemos as cousas con máis habilidade, segundo isto a lateralidade pode ser:
  1. Destra, utilizamos o ollo, o oído, a mán, o pé... do lado dereito.
  2. Zurda, utilizamos o ollo, o oído, a mán, o pé do lado esquerdo.
  3. Ambidiestra, utilizamos os dous lados do corpo coa mesma habilidade.
  4. Cruzada, o predominio do ollo, do oído, da mán ou do pé non se encontran no mesmo lado.

Se facedes clic na imaxe encontraredes fichas sobre a lateralidade e na sección de xogos encontraredes actividades para divertirvos que vos axudarán a diferenciar esquerda e dereita.



Xogos lateralidade:







lunes, 4 de marzo de 2013

CONSTRUÍR FIGURAS DE ACROSPORT

Picade na imaxe para deseñar figuras e pirámides de Acrosport que vos poden servir para crear a vosa coreografía.


Para empezar facede clic sobre as figuras que vos interesen. Cada vez que piquedes nunha figura, esta abrirase en grande na parte superior da páxina. Cando selecciones varias poderás pechar a ventá e entoncés terás espazo para colocar as figuras seleccionadas como queiras. Se queres despois engadir máis figuras, pica no boneco de abaixo rodeado dun círculo laranxa.
Teclas:
- Barra espazadora: cambia a figura de posición para analizala máis detidamente ou darlle certa perspectiva.
- Teclas de dereita e esquerda: para xirar a figura (moi útil).
- Teclas de arriba e abaixo: para volver á posición última ou penúltima.
Se queres borrar algunha figura só terás que desprazala cara á papeleira que hai abaixo á esquerda e para imprimila á dereita.
Se o que prefires é gardar a imagen creada pica en "crear un jpg" (ás veces tarda un pouco).