lunes, 20 de enero de 2014

DANZAS DO MUNDO

Durante o mes de xaneiro teremos a oportunidade de coñecer diferentes países a través das súas danzas, viaxaremos por Dinamarca, Lituania, Grecia... e sempre xunto cos nosos compañeiros/as cos que bailaremos, saltaremos, xiraremos, riremos e sobre todo pasarémolo moi ben. 
Como dixo a bailarina e coreógrafa estadounidense Martha Graham "os grandes bailarins non o son pola súa técnica se non pola súa paixón" e no CEIP Sada y sus Contornos demostraremos que somos uns grandes apaixonados da E.F. e da danza. A bailar.....

  • Primeiro ciclo: Danza dos Sete Saltos (Dinamarca) e A pequena vendedora de flores (Yemen).
  • Segundo Ciclo: Sejan Ruta (Lituania) e A Raspa (México).
  • Terceiro Ciclo: Menousis (Grecia) e Alunelul (Rumanía).
Gran parte dos materiais utilizados nas nosas clase proceden do blogue de Begoña Rodríguez  http://danzasdelmundo.wordpress.com/, moitas grazas por compartir toda esa marabillosa información.

No hay comentarios:

Publicar un comentario