miércoles, 22 de mayo de 2013
ENTREGA DE TROFEOS E PREMIOS DE BRILÉ 3º CICLO.
Despois dunha emocionante e intensa tempada por fin chegou o momento da entrega de premios individuais e trofeos para os equipos. Parabéns a todos/as os participantes.
martes, 21 de mayo de 2013
ENTREGA DE PREMIOS E TROFEOS DE BRILÉ 2º CICLO
Para rematar a tempada de Brilé a entrega de premios individuais e trofeos colectivos. Os elexidos por vós nas distintas categorías mostraron orgullosos os seus diplomas. Parabéns a todos/as os pola vosa dedicación e esforzo. Bravo!
jueves, 16 de mayo de 2013
CLASIFICACIÓN FINAL BRILÉ
Aquí tedes a clasificación final da tempada de Brilé, Os Naturix de 5º e os Mouchos de Sada de 4º foron os campións en 3º e 2º ciclo respectivamente. Como falamos ao principio da competición o resultado final non dependería só de gañar ou perder os partidos senón que sobre todo importaría o noso traballo en equipo e o noso comportamento deportivo. Revisade as puntuacións e comprobaredes como a nosa equipación, as bandeirolas, o xogo en equipo, a entrega dos trofeos, etc foron moi importantes nas nosas puntuacións finais. Parabéns a todos e todas polo esforzo, o entusiasmo e a ilusión mostrada durante esta nova experiencia.
A próxima semana realizaremos a entrega de trofeos e premios individuais.
A próxima semana realizaremos a entrega de trofeos e premios individuais.
CLASIFICACIÓN FINAL BRILÉ 2º CICLO
CLASIFICACIÓN FINAL BRILÉ 3º CICLO
miércoles, 15 de mayo de 2013
TROFEOS BRILÉ 2º E 3º CICLO.
Todos os equipos participantes entregaron un trofeo para a competición de Brilé polo que todos sumarán 10 puntos máis na súa clasificación.
martes, 14 de mayo de 2013
AVALIACIÓN BRILÉ 3º CICLO
Ademais de demostrar os nosos progresos durante os partidos e entrenamentos agora contestaremos a unhas cuestións relacionadas con diferentes situacións de xogo. Picade na imaxe co número do voso curso e contestade ao cuestionario.
lunes, 13 de mayo de 2013
AUTOAVALIACIÓN BRILÉ 2º CICLO
Despois de rematar todos os partidos do campionato de Brile e demostrar a nosa melloría na comprensión e práctica do xogo, realizaremos un pequeno cuestionario relacionado con situacións de xogo. Picade na imaxe co número do voso curso e contestade ás cuestións.
O vindeiro xoves realizaremos a entrega de trofeos e premios para todos os equipos e participantes.
sábado, 11 de mayo de 2013
RESULTADOS Y CLASIFICACIÓN 3º CICLO.
A falta do último partido entre Os Naturix e os Búhos aquí tedes os resultados e a clasificación provisional. Recordade que a estes punos hai que sumar os conseguidos por presentar o trofeo.
jueves, 9 de mayo de 2013
RESULTADOS E CLASIFICACIÓN 2º E 3º CICLO BRILÉ
Nesta semana continuamos celebrando os partidos da competición de Brilé que cada vez son máis divertidos, longos e disputados. Todos os equipos realizaron un gran esforzo e compitiron con moito entusiasmo e deportividade. Na competición de 2º ciclo Os Lobos e Os Reis de Bosque non poideron disputar os seus partidos do recreo por ter que quedar na aula polo que non poideron sumar ningún punto nos mesmos, recordade que a "deportividade" e o "traballo en equipo" tamén hai que manifestalo na aula. Aquí tedes os resultados dos partidos celebrados e a clasificación a falta da última xornada. Ánimo e boa sorte a todos os equipos!
2º CICLO
Clasificación
Equipo Partidos Puntos
- Mouchos de Sada 4º 5 43
- Voz Natura ao poder 3º 4 31
- Troitas demoledoras 4º 4 31
- Raposos de Sada 4º 4 29
- Os lobos 3º 5 27
- Reis do Bosque 3º 4 23
3º CICLO
CLASIFICACIÓN
EQUIPO PARTIDOS PUNTOS
- BÚHOS DE SADA 6º 3 26
- LOBOS BRANCOS 5º 3 22
- OS LINCES 6º 3 21
- MOUCHOS DA NOITE 6º 3 19
- NATURIX 5º 2 18
miércoles, 8 de mayo de 2013
EQUILIBRIO CON OBXECTOS 2º
Despois de experimentar moitas e diferentes situacións de equilibrio e desequilibio, nestas últimas clases traballamos o equilibrio con e sobre obxectos.
lunes, 6 de mayo de 2013
RESULTADOS E CLASIFICACIÓN 3º CICLO
Despois de gozar duns partidos moi emocionantes por fin temos os primeiros resultados e a primeira clasificación, aínda está todo por decidir e a entrega do trofeo pode ser a que marque a diferenza.
domingo, 5 de mayo de 2013
NOVO CALENDARIO BRILÉ
A próxima semana non poderemos utilizar o ximansio debido a que nel se montará unha exposición relacionada co aniversario da Sociedade Sada y sus Contornos. Por este motivo o calendario de brilé sofre bastantes cambios, botarlle unha ollada xa que nesta semana xogaremos todos os partidos que faltan. Ánimo e boa sorte!
viernes, 3 de mayo de 2013
CAMPAMENTOS DEPORTIVOS
A Deputación da Coruña organiza un ano máis os campamentos deportivos no colexio Calvo Sotelo.
Neste enlace podedes consultar toda a información dispoñible, así como cubrir a folla de inscrición que deberá ser entregada na Oficina da Xuventude, tendo de prazo até o día 16 de maio (inclusive).
Unha vez que se confirmen as prazas dende a oficina, terase que entregar o resto de documentación requerida.
Lembrámosvos que ditas inscricións están limitadas a aqueles interesados/as empadroados/as no Concello de Sada.
http://www.dicoruna.es/cultura/campamentos-deportivos/triptico-ficha-inscricion-correxido-2013.pdf
NOTA: se hai máis inscricións que prazas dispoñibles, realizarase un sorteo que terá lugar o 21 de maio ás 10.30h.
Oficina Municipal de Información Xuvenil
Teléfono: 981.620331
Concellería de Cultura, Xuventude e Ocio do Concello de Sada
Blogue Omix Sada
Web Concello de Sada
Neste enlace podedes consultar toda a información dispoñible, así como cubrir a folla de inscrición que deberá ser entregada na Oficina da Xuventude, tendo de prazo até o día 16 de maio (inclusive).
Unha vez que se confirmen as prazas dende a oficina, terase que entregar o resto de documentación requerida.
Lembrámosvos que ditas inscricións están limitadas a aqueles interesados/as empadroados/as no Concello de Sada.
NOTA: se hai máis inscricións que prazas dispoñibles, realizarase un sorteo que terá lugar o 21 de maio ás 10.30h.
Oficina Municipal de Información Xuvenil
Teléfono: 981.620331
Concellería de Cultura, Xuventude e Ocio do Concello de Sada
Blogue Omix Sada
Web Concello de Sada
jueves, 2 de mayo de 2013
BRILÉ 2º CICLO: RESULTADOS, CLASIFICACIÓN E BERROS DE EQUIPOS.
Os equipos de Brilé do 2º ciclo xa levan disputados varios partidos, todos moi emocionantes e disputados. Os xogadores/as mostraron gran deportividade, xogo en equipo e moito entusiasmo. Aquí tedes os resultados e a clasificación provisional, recordade que esta semana hai que presentar os trofeos para conseguir 10 puntos extra. Ánimo!
Clasificación
Equipo Partidos Puntos
- Mouchos de Sada 4º 4 34
- Voz Natura ao poder 3º 3 24
- Reis do Bosque 3º 3 23
- Troitas demoledoras 4º 2 15
- Raposos de Sada 4º 2 13
- Os lobos 3º 2 11
miércoles, 1 de mayo de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)