martes, 20 de noviembre de 2012

PARTIDO DE FÚTBOL SOLIDARIO.

O curso pasado os alumnos/ás de 3º ciclo do noso colexio participaron nun programa de UNICEF chamado "O fútbol que queremos", coa finalidade de reflexionar sobre os valores asociados ao fútbol e en especial, que os nenos/ás incorporasen no seu día a día condutas positivas de nutrición, convivencia e solidariedade. Por este motivo recibimos a visita de xogadores do Deportivo da Coruña e propuxémoslles a realización dun partido para recadar fondos encamiñados a paliar a situación de pobreza e desigualdade que moitos nenos/ás sofren no mundo.
Dende o CEIP Sada y sus Contornos comprácenos convocar a toda a comunidade educativa ao partido de fútbol solidario que terá lugar o próximo sábado 24 de novembro, ás 11:00 da mañá no Campo dás Mariñas de Sada, entre os equipos de:

Deportivo de la Coruña de Veteranos (Fran, Manjarín, Songo´o...)
vs
Veteranos Sporting de Sada

O prezo simbólico das entradas será de 1 euro e a recadación do partido será a prol de UNICEF. As entradas pódense adquirir no colexio (traer diñeiro exacto) ou o día do partido. Animamos a todos/ás a participar e mostrar a cara máis solidaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario