lunes, 26 de mayo de 2014

ZELTIA: CAMPIONA PROVINCIAL

Este fin de semana a nosa compañeira de 5º Zeltia, proclamouse Campiona Provincial de 60 metros lisos e Subcampiona Provincial de salto de altura nos campionatos celebrados na Pobra. Felicidades.



sábado, 24 de mayo de 2014

jueves, 22 de mayo de 2014

lunes, 5 de mayo de 2014

A ILÍADA E A ODISEA: Cabalo e barco.

Aquí tedes o cabalo que utilizaron os gregos para conquistar Troya  e o barco que empregou Odiseo para voltar a  Ítaca. Os traballos foron realizados polos nenos/as de 5º e 6º na clase de Educación Artística. Parabéns polo resultado.


CONSTRUIR FIGURAS ACROSPORT

Picade na imaxe para deseñar figuras e pirámides de Acrosport que vos poden servir para crear a vosa coreografía.



Para empezar facede clic sobre as figuras que vos interesen. Cada vez que piquedes nunha figura, esta abrirase en grande na parte superior da páxina. Cando selecciones varias poderás pechar a ventá e entoncés terás espazo para colocar as figuras seleccionadas como queiras. Se queres despois engadir máis figuras, pica no boneco de abaixo rodeado dun círculo laranxa.
Teclas:
- Barra espazadora: cambia a figura de posición para analizala máis detidamente ou darlle certa perspectiva.
- Teclas de dereita e esquerda: para xirar a figura (moi útil).
- Teclas de arriba e abaixo: para volver á posición última ou penúltima.
Se queres borrar algunha figura só terás que desprazala cara á papeleira que hai abaixo á esquerda e para imprimila á dereita.
Se o que prefires é gardar a imagen creada pica en "crear un jpg" (ás veces tarda un pouco).

sábado, 26 de abril de 2014

MALABARES 6º

Despois de moita práctica, esforzo e concentración conseguimos converternos nuns auténticos malabaristas, aquí tedes a proba.

sábado, 12 de abril de 2014

ENTREGA DE PREMIOS DO CAMPIONATO DE BRILÉ

Despois de rematar a tempada chegou o momento da entrega de trofeos aos equipos e dos premios individuais aos xogadores/ás que vós/ás cos vosos votos escollestes.
Clasificación final
Os leóns de Sada       16 puntos + 10 de trofeo = 26 puntos.

Os 7 magníficos         16 puntos + 10 de trofeo = 26 puntos.

Os felinos                    14 puntos + 10 de trofeo = 24 puntos.