sábado, 29 de marzo de 2014

EQUILIBRIO 2º CURSO

Aquí tedes as fotos dalgunhas das actividades que os nenos/as de 2º fixeron na unidade de equilibrio.


jueves, 27 de marzo de 2014

EQUILIBRIO 1º

Durante as últimas clases de EF no primeiro ciclo estivemos traballando o equilibrio e os nenos/as de 1º demostraron  a súa gran destreza en todas as actividades, xogos circuitos e retos aos que tiveron que enfrontarse. Aquí tedes algunhas fotos que o demostran.








miércoles, 19 de marzo de 2014

PELOTAS DE MALABAR

Aquí tedes un titorial para construir as vosas pelotas de malabar e uns vídeos que vos axudarán na práctica. Ánimo! 


Titoriais de construción

Vídeos para practicar

martes, 18 de marzo de 2014

BRILÉ 3º CURSO

Os nenos e nenas de 3º están coñecendo todo o que implica unha competición deportiva a través do brilé. Picade na imaxe e poderedes ver o calendario da mesma.


viernes, 7 de marzo de 2014

martes, 4 de marzo de 2014

A ODISEA DE 5º

Os nenos e nenas de 5º acompañaron a Odiseo na súa viaxe de volta a Ítaca. Venceron ao Cíclope Polifemo, ás sereas, á feiticeira Circe e participaron en moitas aventuras ata conseguir chegar ao seu fogar e recuperar o trono e a súa esposa Penélope. Aquí tedes o vídeo con todas as aventuras. 

martes, 25 de febrero de 2014

BRILÉ. 3º

Os nenos e nenas de 3º a través do aprendizaxe cooperativo coñeceremos todo o que implica unha competición deportiva. Comprenderemos a importancia de xogar en equipo, de traballar todos xuntos/as para conseguir un obxectivo común, coñeceremos os distintos roles dun equipo e da necesidade de ter un comportamento deportivo e de respecto ante os nosos compañeiros/as, ante os xogadores/as dos outros equipos e ante os árbitros. Aquí tedes unha presentación con todo o falado na primeira sesión da unidade e os documentos relacionados co Brilé.

Publish at Calameo or read more publications.


Roles nos equipos      Regras de xogo

Comezo dos partidos  Entrega de premios

Sistema de puntuación  Quecemento

Acta do Partido    Ficha de práctica diaria


Exemplo de trofeos

Necesitamos un vaso grande de plástico duro, unha botella de auga de 3 ou 5 litros e tiras de plástico (dunha carpeta vella). Podemos darlle cor cun spray (con moito coidado).

Estes son os trofeos do curso pasado.
Todos os equipos participantes entregarán un trofeo para a competición de Brilé polo que todos sumarán 10 puntos máis na súa clasificación.