A falta do último partido entre Os Naturix e os Búhos aquí tedes os resultados e a clasificación provisional. Recordade que a estes punos hai que sumar os conseguidos por presentar o trofeo.
sábado, 11 de mayo de 2013
jueves, 9 de mayo de 2013
RESULTADOS E CLASIFICACIÓN 2º E 3º CICLO BRILÉ
Nesta semana continuamos celebrando os partidos da competición de Brilé que cada vez son máis divertidos, longos e disputados. Todos os equipos realizaron un gran esforzo e compitiron con moito entusiasmo e deportividade. Na competición de 2º ciclo Os Lobos e Os Reis de Bosque non poideron disputar os seus partidos do recreo por ter que quedar na aula polo que non poideron sumar ningún punto nos mesmos, recordade que a "deportividade" e o "traballo en equipo" tamén hai que manifestalo na aula. Aquí tedes os resultados dos partidos celebrados e a clasificación a falta da última xornada. Ánimo e boa sorte a todos os equipos!
2º CICLO
Clasificación
Equipo Partidos Puntos
- Mouchos de Sada 4º 5 43
- Voz Natura ao poder 3º 4 31
- Troitas demoledoras 4º 4 31
- Raposos de Sada 4º 4 29
- Os lobos 3º 5 27
- Reis do Bosque 3º 4 23
3º CICLO
CLASIFICACIÓN
EQUIPO PARTIDOS PUNTOS
- BÚHOS DE SADA 6º 3 26
- LOBOS BRANCOS 5º 3 22
- OS LINCES 6º 3 21
- MOUCHOS DA NOITE 6º 3 19
- NATURIX 5º 2 18
miércoles, 8 de mayo de 2013
EQUILIBRIO CON OBXECTOS 2º
Despois de experimentar moitas e diferentes situacións de equilibrio e desequilibio, nestas últimas clases traballamos o equilibrio con e sobre obxectos.
lunes, 6 de mayo de 2013
RESULTADOS E CLASIFICACIÓN 3º CICLO
Despois de gozar duns partidos moi emocionantes por fin temos os primeiros resultados e a primeira clasificación, aínda está todo por decidir e a entrega do trofeo pode ser a que marque a diferenza.
domingo, 5 de mayo de 2013
NOVO CALENDARIO BRILÉ
A próxima semana non poderemos utilizar o ximansio debido a que nel se montará unha exposición relacionada co aniversario da Sociedade Sada y sus Contornos. Por este motivo o calendario de brilé sofre bastantes cambios, botarlle unha ollada xa que nesta semana xogaremos todos os partidos que faltan. Ánimo e boa sorte!
viernes, 3 de mayo de 2013
CAMPAMENTOS DEPORTIVOS
A Deputación da Coruña organiza un ano máis os campamentos deportivos no colexio Calvo Sotelo.
Neste enlace podedes consultar toda a información dispoñible, así como cubrir a folla de inscrición que deberá ser entregada na Oficina da Xuventude, tendo de prazo até o día 16 de maio (inclusive).
Unha vez que se confirmen as prazas dende a oficina, terase que entregar o resto de documentación requerida.
Lembrámosvos que ditas inscricións están limitadas a aqueles interesados/as empadroados/as no Concello de Sada.
http://www.dicoruna.es/cultura/campamentos-deportivos/triptico-ficha-inscricion-correxido-2013.pdf
NOTA: se hai máis inscricións que prazas dispoñibles, realizarase un sorteo que terá lugar o 21 de maio ás 10.30h.
Oficina Municipal de Información Xuvenil
Teléfono: 981.620331
Concellería de Cultura, Xuventude e Ocio do Concello de Sada
Blogue Omix Sada
Web Concello de Sada
Neste enlace podedes consultar toda a información dispoñible, así como cubrir a folla de inscrición que deberá ser entregada na Oficina da Xuventude, tendo de prazo até o día 16 de maio (inclusive).
Unha vez que se confirmen as prazas dende a oficina, terase que entregar o resto de documentación requerida.
Lembrámosvos que ditas inscricións están limitadas a aqueles interesados/as empadroados/as no Concello de Sada.
NOTA: se hai máis inscricións que prazas dispoñibles, realizarase un sorteo que terá lugar o 21 de maio ás 10.30h.
Oficina Municipal de Información Xuvenil
Teléfono: 981.620331
Concellería de Cultura, Xuventude e Ocio do Concello de Sada
Blogue Omix Sada
Web Concello de Sada
jueves, 2 de mayo de 2013
BRILÉ 2º CICLO: RESULTADOS, CLASIFICACIÓN E BERROS DE EQUIPOS.
Os equipos de Brilé do 2º ciclo xa levan disputados varios partidos, todos moi emocionantes e disputados. Os xogadores/as mostraron gran deportividade, xogo en equipo e moito entusiasmo. Aquí tedes os resultados e a clasificación provisional, recordade que esta semana hai que presentar os trofeos para conseguir 10 puntos extra. Ánimo!
Clasificación
Equipo Partidos Puntos
- Mouchos de Sada 4º 4 34
- Voz Natura ao poder 3º 3 24
- Reis do Bosque 3º 3 23
- Troitas demoledoras 4º 2 15
- Raposos de Sada 4º 2 13
- Os lobos 3º 2 11
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
