jueves, 22 de mayo de 2014
ACROSPORT 2º CICLO A.
Despois duns días de práctica os resultados empezan a notarse, aquí tedes unha mostra.
lunes, 5 de mayo de 2014
A ILÍADA E A ODISEA: Cabalo e barco.
Aquí tedes o cabalo que utilizaron os gregos para conquistar Troya e o barco que empregou Odiseo para voltar a Ítaca. Os traballos foron realizados polos nenos/as de 5º e 6º na clase de Educación Artística. Parabéns polo resultado.
CONSTRUIR FIGURAS ACROSPORT
Picade na imaxe para deseñar figuras e pirámides de Acrosport que vos poden servir para crear a vosa coreografía.
Para empezar facede clic sobre as figuras que vos interesen. Cada vez que piquedes nunha figura, esta abrirase en grande na parte superior da páxina. Cando selecciones varias poderás pechar a ventá e entoncés terás espazo para colocar as figuras seleccionadas como queiras. Se queres despois engadir máis figuras, pica no boneco de abaixo rodeado dun círculo laranxa.
Teclas:
- Barra espazadora: cambia a figura de posición para analizala máis detidamente ou darlle certa perspectiva.
- Teclas de dereita e esquerda: para xirar a figura (moi útil).
- Teclas de arriba e abaixo: para volver á posición última ou penúltima.
Se queres borrar algunha figura só terás que desprazala cara á papeleira que hai abaixo á esquerda e para imprimila á dereita.
Se o que prefires é gardar a imagen creada pica en "crear un jpg" (ás veces tarda un pouco).
Teclas:
- Barra espazadora: cambia a figura de posición para analizala máis detidamente ou darlle certa perspectiva.
- Teclas de dereita e esquerda: para xirar a figura (moi útil).
- Teclas de arriba e abaixo: para volver á posición última ou penúltima.
Se queres borrar algunha figura só terás que desprazala cara á papeleira que hai abaixo á esquerda e para imprimila á dereita.
Se o que prefires é gardar a imagen creada pica en "crear un jpg" (ás veces tarda un pouco).
sábado, 26 de abril de 2014
MALABARES 6º
Despois de moita práctica, esforzo e concentración conseguimos converternos nuns auténticos malabaristas, aquí tedes a proba.
sábado, 12 de abril de 2014
ENTREGA DE PREMIOS DO CAMPIONATO DE BRILÉ
Despois de rematar a tempada chegou o momento da entrega de trofeos aos equipos e dos premios individuais aos xogadores/ás que vós/ás cos vosos votos escollestes.
Clasificación final
Os leóns de Sada 16 puntos + 10 de trofeo = 26 puntos.
Os 7 magníficos 16 puntos + 10 de trofeo = 26 puntos.
Os felinos 14 puntos + 10 de trofeo = 24 puntos.
CAMPIONATO DE BRILE 3º
Durante estas últimas semanas coñecimos todo o que supón unha competición deportiva: a organización da liga, dos equipos, a importancia do xogo limpo e do traballo en equipo... O máis importante é que todo o fixemos a partir das decisións que entre todos e todas tomabamos. Aquí tedes un resumo en imaxes desta unidade. Felicidades a todos/as polo entusiasmo e o esforzo que mostrastes.
Pretempada
1º partido
Entrenamentos
2º partido
3º partido
miércoles, 9 de abril de 2014
AUTOAVALIACIÓN BRILÉ
Para comprobar todo o que aprendimos na unidade de brilé picade na imaxe e responder ao cuestionario.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
