martes, 4 de marzo de 2014
A ODISEA DE 5º
Os nenos e nenas de 5º acompañaron a Odiseo na súa viaxe de volta a Ítaca. Venceron ao Cíclope Polifemo, ás sereas, á feiticeira Circe e participaron en moitas aventuras ata conseguir chegar ao seu fogar e recuperar o trono e a súa esposa Penélope. Aquí tedes o vídeo con todas as aventuras.
martes, 25 de febrero de 2014
BRILÉ. 3º
Os nenos e nenas de 3º a través do aprendizaxe cooperativo coñeceremos todo o que implica unha competición deportiva. Comprenderemos a importancia de xogar en equipo, de traballar todos xuntos/as para conseguir un obxectivo común, coñeceremos os distintos roles dun equipo e da necesidade de ter un comportamento deportivo e de respecto ante os nosos compañeiros/as, ante os xogadores/as dos outros equipos e ante os árbitros. Aquí tedes unha presentación con todo o falado na primeira sesión da unidade e os documentos relacionados co Brilé.
Publish at Calameo or read more publications.
Roles nos equipos Regras de xogo
Comezo dos partidos Entrega de premios
Sistema de puntuación Quecemento
Acta do Partido Ficha de práctica diaria
Exemplo de trofeos
Necesitamos un vaso grande de plástico duro, unha botella de auga de 3 ou 5 litros e tiras de plástico (dunha carpeta vella). Podemos darlle cor cun spray (con moito coidado).
Estes son os trofeos do curso pasado.
Todos os equipos participantes entregarán un trofeo para a competición de Brilé polo que todos sumarán 10 puntos máis na súa clasificación.
Comezo dos partidos Entrega de premios
Sistema de puntuación Quecemento
Acta do Partido Ficha de práctica diaria
Exemplo de trofeos
Estes son os trofeos do curso pasado.
Todos os equipos participantes entregarán un trofeo para a competición de Brilé polo que todos sumarán 10 puntos máis na súa clasificación.
miércoles, 19 de febrero de 2014
A ODISEA E A GUERRA DE TROIA.
A aventura está a punto de comezar! Os nenos/as de 3º ciclo realizaredes unha viaxe ao pasado para participar en dúas das historias máis lendarias da humanidade:
- 5º curso acompañará a Odiseo no seu retorno a Ítaca.
- 6º curso participará na conquista da mítica cidade de Troia.
Aquí tedes uns vídeos para que vos fagades unha idea do que vos espera.
A ODISEA
A GUERRA DE TROIA
A MAZÁ DA DISCORDIA
miércoles, 12 de febrero de 2014
COÑECENDO O MUNDO
Despois de realizar danzas de distintos países os nenos/as do cole queren compartir con vós algunha das cousas que aprenderon deles.
viernes, 7 de febrero de 2014
DANZAS DO MUNDO 5º CURSO: ALUNELUL. RUMANÍA.
Os nenos/as de 5º realizaron unha adaptación da danza rumana Alunelul. Custou un pouco pero ao final conseguimos o noso obxectivo. Felicidades.
miércoles, 5 de febrero de 2014
DANZAS DO MUNDO: 2º CICLO. A RASPA.
Ándale manitoooo! Os nenos/as de 2º ciclo mostraron toda a súa enerxía e concentración para realizar esta popular danza mexicana tamén coñecida como Danza Méxicana do Sombreiro. Viva México!
lunes, 3 de febrero de 2014
DANZAS DO MUNDO: SHOSHOLOZA. SUDÁFRICA.
Shosholoza é unha palabra zulú que significa "ir cara a diante" ou "deixar paso ao seguinte", e recorda tamén a onomatopea que produce o tren a vapor (stimela) do que fala a canción. Shosholoza cantábana os traballadores de camiño ás minas. Unha posible tradución:
Segue adiante
segue adiante
sobre aquelas montañas
tren de Sudáfrica
Segue adiante
segue adiante
sobre aquelas montañas
tren de Sudáfrica
Vaste afastando
vaste afastando
sobre aquelas montañas
tren de Sudáfrica
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
