domingo, 5 de mayo de 2013

NOVO CALENDARIO BRILÉ

A próxima semana non poderemos utilizar o ximansio debido a que nel se montará unha exposición relacionada co aniversario da Sociedade Sada y sus Contornos. Por este motivo o calendario de brilé sofre bastantes cambios, botarlle unha ollada xa que nesta semana xogaremos todos os partidos que faltan. Ánimo e boa sorte!

viernes, 3 de mayo de 2013

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS

A Deputación da Coruña organiza un ano máis os campamentos deportivos no colexio Calvo Sotelo.

Neste enlace podedes consultar toda a información dispoñible, así como cubrir a folla de inscrición que deberá ser entregada na Oficina da Xuventude, tendo de prazo até o día 16 de maio (inclusive).
Unha vez que se confirmen as prazas dende a oficina, terase que entregar o resto de documentación requerida.

Lembrámosvos que ditas inscricións están limitadas a aqueles interesados/as empadroados/as no Concello de Sada.


http://www.dicoruna.es/cultura/campamentos-deportivos/triptico-ficha-inscricion-correxido-2013.pdf

NOTA: se hai máis inscricións que prazas dispoñibles, realizarase un sorteo que terá lugar o 21 de maio ás 10.30h.

Oficina Municipal de Información Xuvenil
Teléfono: 981.620331
Concellería de Cultura, Xuventude e Ocio do Concello de Sada

Blogue Omix Sada

Web Concello de Sada

jueves, 2 de mayo de 2013

BRILÉ 2º CICLO: RESULTADOS, CLASIFICACIÓN E BERROS DE EQUIPOS.

Os equipos de Brilé do 2º ciclo xa levan disputados varios partidos, todos moi emocionantes e disputados. Os xogadores/as mostraron gran deportividade, xogo en equipo e moito entusiasmo. Aquí tedes os resultados e a clasificación provisional, recordade que esta semana hai que presentar os trofeos para conseguir 10 puntos extra. Ánimo!



Clasificación
Equipo                         Partidos       Puntos
  1. Mouchos de Sada 4º                  4                       34
  2. Voz Natura ao poder 3º             3                       24
  3. Reis do Bosque 3º                      3                       23
  4. Troitas demoledoras 4º             2                       15
  5. Raposos de Sada 4º                   2                       13
  6. Os lobos 3º                                  2                       11

sábado, 27 de abril de 2013

COMPETICIÓN BRILÉ 2º CICLO I

Despois de que os capitáns escolleran os equipos, repartísemos os roles, creásemos a nosa bandeira, establecésemos o noso berro de equipo, coñecésemos as normas do xogo e realizásemos unha pretempada, por fin chego o momento da competición. Os partidos estiveron moi igualados e en todos dominou o fair play e o xogo en equipo. Ánimo para todos/ás os participantes e continuar con este entusiasmo.

 
Brilé 2º ciclo I from efsadaycontornos on Vimeo.

RESULTADOS BRILÉ

viernes, 26 de abril de 2013

COMPETICIÓN BRILÉ 3º CICLO I

Despois de realizar unha intensa pretempada onde todos/as coñecimos as nosas funcións dentro do equipo, as regras do Brilé, a maneira de conseguir os puntos, creación da nosa bandeira, o berro de equipo, etc... Por fin chegou o gran día, o comezo da competición de brilé! Parabéns a todos/as os participantes polo entusiasmo, o fair play e o traballo en equipo que demostráchedes durante os partidos. Recordade que tedes o calendario de partidos e toda a información no apartado do blogue dedicado ao Brilé.

         OS NATURIX  5º                                             BANDEIRA

LOBOS BRANCOS  5º                                              BANDEIRA

   


Mentres Os Naturix utilizaron unha gorra de equipación, os Lobos Brancos trouxeron uns innovadores brazaletes de tea realizados pola mamá de Hugo e que causaron sensación. 

 

PARTIDO NATURIX - LOBOS BRANCOS

             MOUCHOS DA NOITE 6º                       BÚHOS NOCTURNOS 6º    

     BANDEIROLA DOS MOUCHOS                  BANDEIROLA DOS BÚHOS

OS LINCES 6º

INTERCAMBIO DE BANDEIROLAS ENTRE OS LINCES E OS LOBOS BRANCOS


RESULTADOS

martes, 23 de abril de 2013

CONCURSO DE TALENTOS

Onte tivo lugar no ximnasio un concurso de talentos organizado polos nenos/as de 5º. Foi un éxito de participación e asistencia. Parabén a todos e todas.