lunes, 22 de abril de 2013
EQUILIBRIO II. 2º
Aquí tedes as fotos do circuito que realizamos na clase e co que continuamos mellorando o noso equilibrio.
jueves, 18 de abril de 2013
EQUILIBRIO III. 1º CICLO.
Nesta clase de E.F. experimentamos o equilibrio sobre diferentes obxectos e alturas, demostrando como cada día que pasa melloramos as nosas habilidades. Bravo!
miércoles, 17 de abril de 2013
RASTRILLO SOLIDARIO
O próximo martes 23 de abril, dentro do Proxecto Voz Natura que está a desenvolver o noso colexio, realizaremos un rastrillo solidario de libros. Para levar a cabo esta actividade solicitamos a colaboración das familias coa aportación de libros de literatura infantil e xuvenil e tamén de temática ambiental ou sobre a Natureza. Pídese unha pequena colaboración con libros, usados e en bo estado. A racadación da venta dos libros destinarase á Fundación Fragas do Mandeo.
domingo, 14 de abril de 2013
EQUILIBRIO II. 1º CICLO.
Convertémonos en superman, árbores, bailarinas, cegoñas, subímonos a diferentes obxectos e todo para continuar mellorando o noso equilibrio.
martes, 9 de abril de 2013
EDUCACIÓN DEPORTIVA: BRILÉ.
Os nenos e nenas de 2º e 3º ciclo a través do aprendizaxe cooperativo coñeceremos todo o que implica unha competición deportiva. Comprenderemos a importancia de xogar en equipo, de traballar todos xuntos/as para conseguir un obxectivo común, coñeceremos os distintos roles dun equipo e da necesidade de ter un comportamento deportivo e de respecto ante os nosos compañeiros/as, ante os xogadores/as dos outros equipos e ante os árbitros. Aquí tedes unha presentación con todo o falado na primeira sesión da unidade e os documentos relacionados coa competición de Brilé.
Open publication - Free publishing - More brile
Exemplo de trofeos
Necesitamos un vaso grande de plástico duro, unha botella de auga de 3 ou 5 litros e tiras de plástico (dunha carpeta vella). Podemos darlle cor cun spray (con moito coidado).
Exemplo de trofeos
lunes, 8 de abril de 2013
EQUILIBRIO I. 1º CICLO.
Hoxe comezamos a realizar actividades e xogos relacionados co equilibrio. Durante as próximas clases traballaremos para dominar o noso corpo e convertirnos en verdadeiros equilibristas, experimentaremos en situacións de equilibrio estático, dinámico, con e sobre obxectos. Ánimo!
viernes, 5 de abril de 2013
DEPORTISTAS DO NOSO COLEXIO.
Durante estas vacacións moitos nenos/as seguiron facendo deporte e pasándolo moi ben. Aquí tedes unha foto onde podemos ver as medallas que Joel, David, Adrián, Elías e Nicolás conseguiron. Parabéns a todos e continuar facendo deporte. Bravo!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
