O curso pasado os alumnos/ás de 3º ciclo do
noso colexio participaron nun programa de UNICEF chamado "O fútbol que
queremos", coa finalidade de reflexionar sobre os valores asociados ao
fútbol e en especial, que os nenos/ás incorporasen no seu día a día condutas
positivas de nutrición, convivencia e solidariedade. Por este motivo recibimos
a visita de xogadores do Deportivo da Coruña e propuxémoslles a realización dun
partido para recadar fondos encamiñados a paliar a situación de pobreza e
desigualdade que moitos nenos/ás sofren no mundo.
Dende o CEIP Sada y sus Contornos comprácenos
convocar a toda a comunidade educativa ao partido de fútbol solidario que terá
lugar o próximo sábado 24 de novembro,
ás 11:00 da mañá no Campo dás Mariñas de Sada, entre os equipos de:
Deportivo de la Coruña de Veteranos (Fran, Manjarín, Songo´o...)
vs
Veteranos Sporting de Sada
O prezo simbólico das entradas será de 1 euro e a recadación do partido será a prol de UNICEF. As entradas pódense adquirir no colexio (traer
diñeiro exacto) ou o día do partido. Animamos a todos/ás a participar e
mostrar a cara máis solidaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario