viernes, 31 de enero de 2014
DANZAS DO MUNDO: 1º CICLO. YEMEN.
Nesta ocasión o país elexido foi Yemen e A pequena vendedora de flores foi a danza que os nenos/as de 1º ciclo estiveron practicando estes días, aquí tedes os resultados acadados por estes grandes bailaríns.
jueves, 23 de enero de 2014
DANZAS DO MUNDO: MENOUSIS. GRECIA
Os nenos e nenas de 3º ciclo coñeceron a triste historia de Menousis e a través desta danza descubrimos algúns dos encantos que ten Grecia.
No segundo vídeo podedes coñecer toda a historia de Menousis cantada por Vangelis e Irene Papas.
No segundo vídeo podedes coñecer toda a historia de Menousis cantada por Vangelis e Irene Papas.
martes, 21 de enero de 2014
SEJAN RUTA. LITUANIA.
Os nenos e nenas de 2º ciclo demostraron as súas habilidades como danzantes interpretando de forma xenial a danza lituana Sejan Ruta.Aquí tedes a proba.
DANZA DOS SETE SALTOS. DINAMARCA.
Comezamos o repertorio de danzas do mundo cunha danza de Dinamarca: Os Sete Saltos e despois de moitos ensaios, xiros, risas e de pasalo moi ben xunto cos nosos compañeiros/as aquí podedes ver o resultado final. Ademais podedes coñecer moitas cousas de Dinamarca grazas a información que os nenos/as de 1º ciclo recopilaron.
lunes, 20 de enero de 2014
DANZAS DO MUNDO
Durante o mes de xaneiro teremos a oportunidade de coñecer diferentes países a través das súas danzas, viaxaremos por Dinamarca, Lituania, Grecia... e sempre xunto cos nosos compañeiros/as cos que bailaremos, saltaremos, xiraremos, riremos e sobre todo pasarémolo moi ben.
Como dixo a bailarina e coreógrafa estadounidense Martha Graham "os grandes bailarins non o son pola súa técnica se non pola súa paixón" e no CEIP Sada y sus Contornos demostraremos que somos uns grandes apaixonados da E.F. e da danza. A bailar.....
Como dixo a bailarina e coreógrafa estadounidense Martha Graham "os grandes bailarins non o son pola súa técnica se non pola súa paixón" e no CEIP Sada y sus Contornos demostraremos que somos uns grandes apaixonados da E.F. e da danza. A bailar.....
- Primeiro ciclo: Danza dos Sete Saltos (Dinamarca) e A pequena vendedora de flores (Yemen).
- Segundo Ciclo: Sejan Ruta (Lituania) e A Raspa (México).
- Terceiro Ciclo: Menousis (Grecia) e Alunelul (Rumanía).
Gran parte dos materiais utilizados nas nosas clase proceden do blogue de Begoña Rodríguez http://danzasdelmundo.wordpress.com/, moitas grazas por compartir toda esa marabillosa información.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)